PROGRAMA PROVISIONAL 2023

HORARIOS ESTIMADOS

VENRES, 19 DE MAIO DE 2023

>> DE 16:00 a 20:00h. | RECOLLIDA DE DORSAIS
LUGAR: Casa da Cultura de Brión - Carballeira de Santa Minia

SÁBADO, 20 DE MAIO DE 2023

>> 07:30h. | RECOLLIDA DE DORSAIS
LUGAR: Casa da Cultura de Brión - Carballeira de Santa Minia

>> 08:50h. | CHAMADA DOS PARTICIPANTES Á LIÑA DE SAÍDA E CHARLA TÉCNICA
LUGAR: Arco de saída na Carballeira de Santa Minia

>> 09:00h. | SAÍDA OFICIAL da 8ª Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión
LUGAR: Arco de saída na Carballeira de Santa Minia

>> 11:40h.* | HORA MÁXIMA DE PASO PARA PARTICIPAR NA ANDAINA DE 36KM
Todas as persoas que chegada esta hora non pasaran polo punto de corte no km 10,5 terán que facer obrigatoriamente a proba de 16KM.

>> 14:45h.* | HORA MÁXIMA DE PASO PARA PARTICIPAR NA ANDAINA DE 50KM
Todas as persoas que chegada esta hora non pasaran polo punto de corte no km 24 terán que facer obrigatoriamente a proba de 36KM.

>> 21:00h.* | FINALIZACIÓN da 8ª Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión
LUGAR: Carballeira de Santa Minia

* Estas horas están calculadas para unha velocidade media andando de 4,2 km/h.