IMPORTANTE: O percorrido da proba terá tres distancias, podendo escoller entre 13km (miniandaina) - 36km (andaina) - 50 km (copa galega) segundo o nivel de esixencia física de cada persoa participante. A saída conxunta será as 9:00h. da Carballeira de Santa Minia. Esta é unha proba en liña, e dicir, non se regresará ao punto de partida ata finalizar a distancia escollida.
MAPA DOS PERCORRIDOS
O percorrido estará convintemente sinalizado para facelo andando* dende a saída a meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda. Ainda así haberá membros da organización pendentes das persoas que participen en todo momento.
* se alguen decide facer a proba correndo entende que non terá dereito aos avituallamentos programados pola organización
INFORMACIÓN DAS DISTINTAS DISTANCIAS
MINIANDAINA: 14 KM aprox.
ANDAINA: 36 KM aprox.
COPA GALEGA: 50 KM aprox.