NORMAS PARA A CORRECTA INSCRICIÓN NA PROBA

Recorda que debes leer detidamente toda esta información a fin de realizar correctamente a túa inscrición.

1.- Para participar na andaina debes ser maior de idade, ou vir acompañado do pai/nai/titor legal e traer unha autorización firmada por este, xunto coa copia do seu DNI.

2.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 15 de marzo ata o 16 de maio de 2023.

3.- Recorda que o prezo das inscricións varía dependendo de varios factores:

PERSOAS MAIORES DE 14 ANOS:

- Dende o 15 ao 31 de marzo:  15€*
- Dende o 1 ao 30 de abril: 18€*
- Dende o 1 ao 16 de maio: 16€* (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do sendeirista)
*o prezo reduciráse en 2€ para aqueles participantes que posuan licenza da FGM ou da FEDME en vigor durante a tempada 2022
(será necesario presentar a licenza o día da proba para a recollida presencial do dorsal)

 PERSOAS MENORES DE 14 ANOS:

- Dende o 15 de marzo ao 30 de abril:  8€
- Dende o 1 ao 16 de maio: 8€* (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do sendeirista)

4.- Coa inscrición os participantes terán dereito a:
- BOLSA DO SENDEIRISTA :: conmemorativos da proba, só para os inscritos entre o 15 de marzo e o 30 de abril (o seu contido será anunciado con suficiente antelación).

- AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS
· Auga
· Bebídas Isotónicas
· Refrescos
· Froitas
· Empanada
· Bocadillos
· Barriñas enerxéticas

- SERVIZOS DE:
· Médico
· Ambulancia
· Seguro de accidentes
· Duchas
· Piscina cuberta
· Recollida en caso de accidente ou lesión
· Aparcamento

- DIPLOMA DE FINALISTA
· con tempo e quilómetros completados

- MEDALLA DE FINALISTA

5.- Non se aceptarán inscricións fora de prazo (en ningún caso), nin por outro medio que non sexa o formulario da web.

6.- Recorda consultar o apartado de CANCELACIÓN E/OU MODIFICACIÓNS das bases de participación para saber cales son os teus dereitos.

7.- Para inscribirse na web é necesario pinchar no botón de "inscrición" se se situará ao pé desta páxina e cubrir todos os datos que se requiren. Os marcados con * son obrigatorios.

8.- No apartado "DISTANCIA" escollerase a opción que teñas pensado realizar, de todos xeitos, esta elección non é vinculante. É dicir, se chegado o día queres facer outra distancia da seleccionada podes facelo sen problema. Este dato solo é para que a organización teña unha idea de cantos participantes queren realizar "a priori" cada distancia.

9.- A inscrición na proba supón a total aceptación das bases da VIII ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN. Ademais os participantes na VIII ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN estarán rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos asistentes.