martes, 4 de abril de 2023

Aberta a inscrición para a VIII Andaina Terras de Altamira, en Brión


ENFOQUES.GAL | 16/03/2023

A proba celebrarase o 20 de maio e é puntuable para a liga Ibérica de Sendeirismo e a I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo

Xa é posible inscribirse na VIII Andaina Terras de Altamira-Concello de Brión, unha proba que nesta edición será puntuable tanto para a I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo como para a liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (Fedme).

O prazo de inscrición para a ruta estará aberto até o 16 de maio e é posible inscribirse para as distancias de 16, 36 ou 50 quilómetros. Os maiores de 14 anos poderán anotarse por 15 euros até o 31 de marzo, até o 30 de abril por 18 euros e do 1 ao 16 de maio por 16 euros e sen opción aos agasallos incluídos na bolsa do senderista. Para menores de 14 anos a inscrición é de 8 euros, aínda que máis aló do 30 de abril tampouco inclúe a bolsa.

Os participantes contarán con avituallamiento con auga, bebidas isotónicas, refrescos, froitas, empanada, bocadillos e barritas enerxéticas, así como con servizos de médico, ambulancia, seguro de accidentes, duchas, piscina cuberta, recollida en caso de accidente ou lesión e aparcadoiro.

A inscrición só será válida se se tramita en prazo e a través deste formulario web.

0 comentarios:

Publicar un comentario