O Concello de Brión prepara unha nova Andaina Terras de Altamira, que medra na súa setima edición. José Manuel Trigo, técnico municipal de deportes, explica que este ano ao feito de ser puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 Quilómetros da Federación Galega de Montañismo suma como novidade a asúa inclusión na Liga de Senderismo da Federación Española, "polo que poden achegarse mais de 200 deportistas de toda España que veñan competir a Brión". Para estos deportistas e o percorrido completo de medio cento de quilómetros, con avituallamentos destacadso na Carballeira de Santa Minia e na Igrexa de Viceso.
Pero a actividade deportiva de Brión parte de unha miniandaina de 14 quilómetros, asequible a familias completas polo seu baixo nivel de dificultade.Eles terán a oportunidade de desfrutar mais relaxadamente de paisaxes e entornos naturais do municipio, a través de antigos camiños en desuso polos que en tempos circulaban carros e camiñantes entre aldeas. Unhas vías que quedaron en desuso coa proliferación dos automóbiles, e que se recuperan expresamente para esta iniciativa. Ainda existe unha distancia intermedia, de 36 quilómetros, para aqueles que estean en mellor forma. A andaina de Brión busca recuperar o éxito que a levou aos 525 participantes no 2019.
O coronnavirus freou a edición do 2020, e Trigo recorda que o ano pasado foron xa 300 persoas as que desafiaron un dia de diluvio para sumarse a unha iniciativa que xa se gañou un oco no calendario dos afeccionados.
Apertura de inscricións
A proba partirá o sábado 28 de maio, as 9 horas, da Carballeira de Santa Minia en Brión. As inscricións abrense o próxiomo 1 de marzo, con un prezo de 15 euros de esa data ao 14 de abril; do 15 de abril ao 14 de maio serán 18 euros; e do 15 ao 24 de maio serán 16 euros; con licenza da federación galega, son 2 euros menos. Para anotarse debe emplearse a web www.andainaterrasdealtamira.org, e o przo inclue ademais da bolsa do sendeirista (excepto os que o fagan do 15 ao 24 de maio), avituallamentos, medico, medalla e diploma.
FONTE: El Comarcal, La Voz de Galicia - Febreiro 2022
0 comentarios:
Publicar un comentario