QUE DISTANCIAS PODO FACER?
A proba estará estructurada para poder escoller entre tres distancias:
- 16 KM [dificultade baixa, apta para sendeiristas de todas as idades]
- 36 KM [dificultade media]
- 50 KM [dificultade alta]
PODE PARTICIPAR CALQUERA PERSOA?
En principio, calquera persoa pode anortarse a VIII Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión, sempre e cando escolla a distancia adecuada a súa capacidade física. Así as cousas a andaina de 16 kms está pensada para que familias ao completo se animen a facela pois, debido ao seu baixo nivel de dificultade, mesmo a rapazada ou sendeiristas con pouca experiencia poden rematala sen problemas. Os participantes que desexen realizar os 50 km deben ter en conta que se trata dunha proba de fondo polo que é moi importante estar acostumado a andar co cal aconsellase camiñar semanalmente alomenos 80 km, dende dous meses antes. Durante o percorrido, os camiños non son todos de terreos chans senón que hai desniveis e terros accidentados que salvar.
E SE ESTOU INSCRITO/A E FINALMENTE NON PODO ASISTIR Á ANDAINA?
Se te inscribiches correctamente na andaina e finalmente non podes participar devolveráseche parte da cota de inscrición con amaño ás seguintes indicacións:
- Ata o 31 de marzo: devolución do 75% do prezo da inscrición.
- Do 1 ao 30 de abril: devolución do 50% do prezo da inscrición.
- A partir do 1 de maio as baixas producidas non conlevarán ningún tipo de devolución.
Para solicitar a devolución deberás poñerte en contacto a través do mail: oesquio@gmail.com
QUE PRECISO LEVAR PARA FACER A ANDAINA?
- Dorsal entregado pola organización.
- Roupa e calzado axeitado.
- Unha mochila provista de:
+ Gorra ou viseira, para protexerse do sol do mediodía e evitar insolacións (ainda que faga mal tempo).
+ Gafas de sol
+ Crema solar (protección)
+ Como o clima é moi cambiante nesta época do ano, non esta demais que levedes un chuvasqueiro impermeable para poder usalo no caso de choiva
- Non é necesario levar comida nin bebida xa que haberá avituallentos abundantes durante o percorrido, aínda así, cada participante debería levar unha botella de auga, especialmente se fai moito calor, e algún froito seco/barriñas enerxéticas/froita, para utilizar no caso de ser necesario.
QUE FAGO SE ME LESIONO OU NON PODO CONTINUAR ANDANDO?
Se en calquera momento da proba algún/ha camiñante se amosa moi canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participante ou se é posible, achegarse ao control mais próximo. En calquera caso a organización vai dispoñer dun teléfono de urxencias, que irá impreso no dorsal, para solucionar calquera tipo de emerxencia que poida xurdir durante a andaina.
ALGUNHA RECOMENDACIÓN MAIS?
Hai que ter especial coidado coa hidratacion e a reposicion de sales.
Moito coidado coas binchas nos pés!!! Debería elixirse o calzado máis adecuado, atendendo ao terreo e climatoloxía. NUNCA ESTRENAR CALZADO O MESMO DÍA DA ANDAINA. É recomendable levar "Compeed Ampollas" ou similar, que se pode atopar en calquera farmacia.
RESPETA A NATUREZA!! NON DEIXES O LIXO TIRADO!!
Para que vos fagades unha idea, sabedes canto tarda a Natureza en reciclar?
1 papel - 6 meses
1 fosforo - 7 meses
1 Filtro de pitillo - 2 anos
1 Chicle - 5 anos
1 Ferro - 10 anos
1 Botella de plástico - 100 anos
1 Botella de vidro - 400 anos
1 Lata de refresco - Ilimitado
APARTE DE RESPETO E CARIÑO O NOSO MONTE NON PRECISA DE NADA DO QUE TI TRAES!!