Estimados/as sendeiristas
Como todos sabemos estamos atravesando unha moi difícil situación a causa do COVID-19. Os/as cidadáns debemos en estes momentos facer un exercicio de RESPONSABILIDADE e tratar por todos os medios de frear a extensión do mesmo.
Así as cousas a organización da Andaina Terras De Altamira - Brión decidiu SUSPENDER A PROBA ESTE ANO 2020 E TRASLADAR A VI EDICIÓN AO ANO 2021.
Esta decisión foi tomada tras valorar a gravidade da situación e
considerando que o mais responsable e prudente neste caso é a súa
suspensión sen valorar o seu adiamento. En parte isto é debido a que a
día de hoxe ninguén nos pode asegurar unha data na que a situación
sanitaria permita a celebración da mesma.
A cancelación da mesma tamén ten moito que ver cos patrocinadores que ano a ano axudan a que esta proba poida realizarse. Tamén eles nestes momentos son prexudicados pola pandemia tendo que pechar empresas e incluso despedir a traballadores. Por iso este ano, nun acto de responsabilidade e sentido común, non queremos pedirlles que colaboren, xa teñen bastante co que teñen… Esta proba sen eles non é nada, necesitamos deles e esperamos que no ano 2021 poidamos volver a contar con todos cando se volva a recuperar a súa economía e a súa estabilidade empresarial. INFINITAS GRAZAS A TODOS OS PATROCINADORES.
Medidas adoptadas:
- Tras a cancelación da andaina a empresa encargada das inscricións (Galitiming Cronometraxe) xa pechou a plataforma das mesmas e xa está procedendo a devolver o 100% da cota de inscrición de todas as persoas que estaban inscritas. Esta devolución farase na mesma tarxeta bancaria que se utilizou para inscribirse.
- Establecese que a VI Edición da Andaina Terras De Altamira - Brión se realizará no mes de maio do ano 2021, a data informarémola coa antelación suficiente.
Queremos rematar este comunicado agradecendo a vosa consideración e apelando a solidariedade nesta terrible crise sanitaria. Rogámosvos que extremedes a medidas de precaución, que fagades caso as recomendacións das autoridades sanitarias para evitar por todos os medios propagar o virus.
Tod*s volveremos a desfrutar desta marabillosa proba
Tod*s volveremos a saír a andar ao monte
Tod*s volveremos a retomar a ilusión de participar nun reto
Tod*s volveremos a vernos no 2021
Pero queremos que sexamos tod*s, que non falte ninguén e para iso o que toca agora é #quedarnacasa
MOITAS GRAZAS
A organización da Andaina Terras De Altamira - Brión

0 comentarios:
Publicar un comentario