
Este evento deportivo desexa promover entre a cidadanía un estilo de vida san, baseado no deporte. Tamén, fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e dos fermosos paisaxes que atopamos en Brión. Para tal fin, os sendeiros escollidos nesta andaina transcorren á beira dos ríos Sar e Tambre, bordeando fervenzas, castelos e unha morea de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante.
Podedes consultar os distintos apartados desta web onde atoparedes a información mais relevante da proba. En breve anunciaremos tamén da data da festa de presentacion da mesma aos medios á que, por suposto, estades todos/as convidados/as.
Tamen podedes seguirnos a través da nosa páxina en facebook:
0 comentarios:
Publicar un comentario