luns, 21 de marzo de 2016

UNHA CAMISETA E UNHA BOLSA DE REGALO


Como xa é costume, todolos participantes da proba recibiran unha bolsa de cordas na que poderán atopar unha camiseta técnica e o dorsal para participar na marcha. Como xa é costume tamén, o deseño da bolsa e da camiseta correrán a cargo do AMIGO Xosé Vizoso, recoñecido artista plástico afincado en Brión e que dirixiu ata o ano 2012 o departamento de deseño da Fabrica de Cerámica de Sargadelos.

Na cota de inscrición tamén van incluidos os avituallamentos sólidos e líquidos: Auga, bebidas isotónicas, refrescos, barriñas enerxéticas, froitas, empanada, bocadillos, etc...

A organización tamén porá a disposición dos participantes un servizo de duchas, piscina cuberta (necesario traer gorro de baño), recollida en caso de accidente ou lesión, servizos médicos de primeiro alcance, aparcamento de balde, etc...

0 comentarios:

Publicar un comentario